domingo, 23 de abril de 2017

PRÁCTICA 1: Guía para facer unha buxaina







PRÁCTICA: FACER E INDAGAR CUNHA BUXAINA

1. PROCEDEMENTO PARA CONSTRUIR A BUXAINA

  • Usa un compás e cartolina, debuxa un círculo de 10 cm. Córtao. 
  • Insire un pequeno lápiz a través do centro do círculo para que a punta pase 3 /4 cm a través do círculo. 
  • Empurra unha goma elástica contra cada lado da cartolina para estabilizar o lápiz e mantelo perpendicular á cartolina. 
  • Proba a virar a parte superior un par de veces para asegurar que o lápiz mantense firme. 

2. INDAGACIÓN

2.1 Usa cinta adhesiva, fixa seis céntimos de euro espaciados uniformemente sobre a superficie superior e preto do centro da cartolina.

2.2 Facer un par de lanzamentos de práctica, e logo facer lanzamentos normais. Rexistra os tempos de xiro na táboa de abaixo (Nota: Un xiro considérase terminado cando a parte superior deixa de moverse.)





2.3. Agora, move os seis céntimos de euro ata o bordo exterior da cara superior e
achégalos uniformemente. Volve probar os lanzamentos.




TEMPOS DE XIRO                       Lanzamento 1             Lanzamento 2    Lanzamento 3 



NA POSICIÓN 1 (centro)                   2 s                                1 s                       2 s


NA POSICIÓN 2 (exterior)               15 s                                7 s                       30 s.




Unha vez cuberta a táboa podemos razoar os resultados e contestar as seguintes preguntas:


Cales foron os teus mellores resultados? Na posición exterior.


Segundo eses resultados, si movésemos o peso máis lonxe do eixo podemos esperar un movemento case contínuo (fai una suposición fundamentada nos teus resultados).



3. PARA AMPLIAR COÑECEMENTOS







Constrúe unha buxaina que aguante xirando máis de 8 segundos.


Pódese incrementar o tamaño do lápiz, a altura na disposición da cartolina, o grosor da cartolina,...


Modifica as variables de xeito adecuado para conseguir o reto que se te propón.
Fixemos buxainas de cartolina e de cartón, lapis máis grandes e máis pequenos, variando a distancia da cartolina e/ou cartón cara a punta...



OBSERVACIÓNS E CONCLUSIÓNS:


Despois de realizalo soa e tamén vendo como a realizaron os meus alumnos ( nunha primeira toma de contacto posto que como non dou clases neste curso non tiven máis tempo) podo observar o seguinte:


O primeiro é que no movemento do xiro da buxaina, é fundamental imprimirlle unha boa enerxía cinética de rotación inicial.


Dependendo do impulso incial así será a duración, a buxaina se parará cando:


Se esgote a Enerxía de rotación que se lle proporciona ao inicio, pero dependerá doutros factores como:


A masa do material,


O diámetro do disco e


A distribución de masas.


As perdas de rozamento co ár, coa superficie de xiro...


Foi sorprendente!!! os rapeces estaban convencidos que duraría máis cando a masa estivera no centro, e non foi así xirou máis coas moedas no exterior. Tivemos que colocar 5 moedas xa que non nos cabían as 6 tal como indicábase na práctica.


Os materiais influian moito, era mellor cartolina que cartón, a pesares de que parecía que tiña máis estabilidade co cartón, aumentaba a masa (o peso) e a forza de rozamento...



Tamén comprobaron que a posición do cartón sobre o lápis era importante: Diminúe o tempo de xiro canto máis lonxe da punta do lapis estaba a cartolina.



Os factores de diámetro e material, dependen un doutro, mellor cartolina e co aumento do diámetro, aumenta o tempo de xiro.


De todo isto, podedes ver os vídeos gravados na aula e na casa que comparto neste blog:




PRESENTACIÓN



O meu nome é Blanca Cortizas, profesora de Física e Química no CPI As Mirandas de Ares.
Actualmente non imparto clases debido ao cargo directivo e á coordinación TIC.



Pero me gustan os retos, e sobre todo a indagación.


Por todo isto, enviei o reto ao alumnado de 2º de ESO.

Considero que é moi importante para o noso alumnado o seguinte:

  • Amosarlles cómo traballar ben en equipo.
  • Presentarlles tarefas e retos que lles resulten tan atractivos que se poñan enseguida a investigar.
  • Traballar con eles por proxectos e que se sintan partícipes da súa aprendizaxe.
É dicir, levar a cabo unha metodoloxía totalmente participativa, na que eles son os verdadeiros protagonistas da súa aprendizaxe.

Para tratar de mellorar neste proceso educativo anoteime neste curso no que espero estar á altura e tamén ter tempo para levar a cabo os retos que se plantexan.